Plan de Acción Tutorial

Plan de acción titorial

O Plan de acción titorial e atención ás necesidades específicas de apoio educativo (PAT-ANEAE) é un conxunto ordenado de accións previamente planificadas relativas á titoría universitaria, cuxo obxectivo é guiar, orientar e acompañar o alumnado durante os seus estudos universitarios.

Unha acción titorial está dirixida a facilitar a integración do alumnado na institución, contribúe a personalizar a educación universitaria e dálles soporte ás e aos estudantes no seu proceso de formación.

As actividades do PAT-ANEAE van dirixidas a todo o estudantado do centro, prestan unha especial atención a estudantes de novo ingreso e a quen está finalizando os seus estudos, situacións nas que é máis necesario dispoñer de información que axude á toma de decisións propias destas etapas.

CURSOS ANTERIORES