Grao en Enfermería
En termos xenéricos, o obxectivo xeral do Grao en Enfermería proposto é formar enfermeiras e enfermeiros de coidados xerais, con preparación científica e humana e capacitación suficientes para valorar, identificar, actuar e avaliar as necesidades de saúde e de coidados das persoas sas ou enfermas, das familias e da comunidade. E, ademais, para que sexan capaces de desenvolver funcións nos ámbitos asistenciais, de xestión administrativa, de prevención e promoción da saúde e de información e educación para a saúde, tanto a nivel individual coma comunitario.
No ámbito asistencial, a súa formación capacitará as e os titulados para un exercicio responsable da enfermería nos niveis de atención primaria, especializada e sociosanitarios.