COMPETENCIAS DO GRAO EN ENFERMERÍA
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB1. Que as e os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2. Que as e os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e da resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3. Que as e os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo), para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4. Que as e os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
CB5. Que as e os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS XERAIS
CG1. Ser capaz, no ámbito da enfermería, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables
CG2. Saber planificar e prestar coidados de enfermería dirixidos a persoas, familias ou grupos e orientados aos resultados en saúde, para avaliar o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde
CG3. Saber aplicar os fundamentos e os principios técnicos e metodolóxicos da enfermería
CG4. Ser capaz de comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural
CG5. Deseñar sistemas de coidados dirixidos a persoas, familias ou grupos, para avaliar o seu impacto e establecer as modificacións oportunas
CG6. Aplicar as intervencións de enfermería na evidencia científica e cos medios dispoñibles
CG7. Saber comprender, sen prexuízos, as persoas e considerar o seu aspecto físico, psicolóxico e social como individuos autónomos e independentes, para asegurar o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, ademais de garantir o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional
CG8. Promover e respectar o dereito de participación, información, autonomía e consentimento informado na toma de decisións das persoas atendidas, acorde coa forma en que viven o seu proceso de saúde-enfermidade
CG9. Fomentar estilos de vida saudables e o autocoidado, para apoiar o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas
CG10. Protexer a saúde e o benestar das persoas, as familias ou os grupos atendidos, para garantir a súa seguridade
CG11. Saber establecer unha comunicación eficaz con pacientes, familias, grupos sociais e compañeiros. Fomentar a formación e información para a saúde
CG12. Aplicar o Código Ético e Deontolóxico da Enfermería Española, para comprender as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación
CG13. Aplicar os principios de financiamento sanitario e sociosanitario e utilizar adecuadamente os recursos dispoñibles
CG14. Establecer mecanismos de avaliación, para considerar os aspectos científico-técnicos e de calidade
CG15. Ser capaz de traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan, de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar, as e os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais
CG16. Ser capaz de utilizar os sistemas de información sanitaria
CG17. Realizar coidados de enfermería baseándose na atención integral da saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial
CG18. Aplicar estratexias, para adoptar medidas confortables e atención de síntomas, dirixidas á ou ao paciente e á súa familia nos coidados paliativos, que contribúan a aliviar a situación de pacientes en supostos de enfermidade avanzada e/ou terminal
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1. Capacidade de análise e síntese
CT2. Capacidade de organización e planificación
CT3. Capacidade de xestión da información
CT4. Resolución de problemas e toma de decisións
CT5. Traballo en equipo, multidisciplinar e multilingüe
CT6. Habilidades nas relacións interpersoais
CT7. Razoamento crítico
CT8. Aprendizaxe autónoma
CT9. Adaptación a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor. Creatividade
CT10. Motivación pola calidade
CT11. Sensibilidade polos temas ambientais
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1. Coñecer e identificar a estrutura e a función do corpo humano. Comprender as bases moleculares e fisiolóxicas das células e dos tecidos
CE2. Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermería
CE3. Coñecer os diferentes grupos de fármacos, os principios da súa autorización, uso e indicación, e os seus mecanismos de acción
CE4. Utilizar os medicamentos, para avaliar os beneficios esperados e os riscos asociados e/ou os efectos derivados da súa administración e consumo
CE5. Coñecer e valorar as necesidades nutricionais das persoas sas e con problemas de saúde ao longo do ciclo vital, para promover e reforzar pautas de conduta alimentaria saudable
CE6. Identificar os nutrientes e os alimentos nos que se atopan
CE7. Identificar os problemas nutricionais de maior prevalencia e seleccionar as recomendacións dietéticas adecuadas
CE8. Aplicar as tecnoloxías e os sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde
CE9. Coñecer os procesos fisiopatolóxicos, as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital
CE10. Identificar as respostas psicosociais das persoas ante as diferentes situacións de saúde (en particular, a enfermidade e o sufrimento), para seleccionar as accións adecuadas que proporcionen axuda
CE11. Establecer unha relación empática e respectuosa coa ou co paciente e coa súa familia, acorde coa situación da persoa, co seu problema de saúde e coa etapa de desenvolvemento
CE12. Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses
CE13. Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado
CE14. Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero, para capacitar o estudantado na prevención, na detección precoz, na asistencia e na rehabilitación das vítimas desta violencia
CE15. Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermería
CE16. Comprender, desde unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermería, así como os modelos teóricos máis relevantes, para aplicar a metodoloxía científica no proceso de coidar, que permite desenvolver os plans de coidados correspondentes
CE17. Aplicar o proceso de enfermería, para proporcionar e garantirlle benestar, calidade e seguridade ás persoas atendidas
CE18. Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermería
CE19. Dirixir, avaliar e prestarlle os coidados integrais de enfermería ao individuo, á familia e á comunidade
CE20. Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades para desenvolver, para proporcionarlle un coidado integral de enfermería ao individuo, á familia e á comunidade
CE21. Comprender a función, as actividades e a actitude cooperativa que a ou o profesional debe desenvolver nun equipo de Atención Primaria de saúde
CE22. Promover a participación de persoas, familia e grupos no proceso de saúde-enfermidade
CE23. Identificar os factores relacionados coa saúde e cos problemas da contorna para atender as persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade
CE24. Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos
CE25. Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito, para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade
CE26. Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, para identificar as posibles causas de problemas de saúde
CE27. Formar e informar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar das e dos membros da comunidade cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte
CE28. Coñecer as alteracións de saúde das persoas adultas, para identificar as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases
CE29. Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde
CE30. Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas da ou do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación
CE31. Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermería, para establecer unha relación terapéutica coas e cos pacientes e cos seus familiares
CE32. Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde
CE33. Ter unha actitude cooperativa coas e cos diferentes membros do equipo
CE34. Identificar as características das mulleres nas diferentes etapas do ciclo reprodutivo, no climaterio e nas alteracións que se poden presentar, para proporcionarlle os coidados necesarios en cada etapa
CE35. Aplicar coidados xerais durante o proceso de maternidade, para facilitarlle a adaptación das mulleres e das e dos neonatos ás novas demandas e previr complicacións
CE36. Coñecer os aspectos específicos dos coidados da e do neonato. Identificar as características das diferentes etapas da infancia e da adolescencia, e os factores que condicionan o patrón normal de crecemento e desenvolvemento
CE37. Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes na infancia e identificar as súas manifestacións. Analizar os datos de valoración da nena ou neno, para identificar os problemas de enfermería e as complicacións que poden presentarse
CE38. Aplicar as técnicas que integran o coidado de enfermería, para establecer unha relación terapéutica coas nenas e nenos, e coas persoas coidadoras
CE39. Seleccionar as intervencións dirixidas á nena ou neno san e á enferma ou enfermo, así como as derivadas dos métodos de diagnóstico e tratamento
CE40. Ser capaz de proporcionarlle formación e información para a saúde á nai ou pai ou ás persoas coidadoras primarias
CE41. Comprender os cambios asociados ao proceso de envellecer e á súa repercusión na saúde
CE42. Identificar as modificacións estruturais, funcionais, psicolóxicas e das formas de vida asociadas ao proceso de envellecer
CE43. Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes nas persoas maiores
CE44. Seleccionar as intervencións coidadoras, dirixidas a tratar ou previr os problemas de saúde e a súa adaptación á vida diaria, mediante recursos de proximidade e apoio á persoa anciá
CE45. Coñecer o Sistema Sanitario Español
CE46. Identificar as características da función directiva dos servizos de enfermería e da xestión de coidados
CE47. Coñecer e ser capaz de aplicar as técnicas de dirección de grupos
CE48. Coñecer a lexislación aplicable e o Código Ético e Deontolóxico da Enfermería Española, que se inspira no Código Europeo de Ética e Deontoloxía de Enfermería
CE49. Prestar coidados, para garantir o dereito á dignidade, á privacidade, á intimidade, á confidencialidade e á capacidade de decisión da ou do paciente e da súa familia
CE50. Individualizar o coidado tendo en conta a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e os valores
CE51. Coñecer os problemas de saúde mental máis relevantes nas diferentes etapas do ciclo vital, para proporcionar coidados integrais e eficaces no ámbito da enfermería
CE52. Coñecer os coidados paliativos e o control da dor, para prestar coidados que alivien a situación da e do paciente con enfermidade avanzada e/ou terminal