IV Xornada de sensibilización sobre as necesidades sociais das persoas xordas con FAXPG


13 de novembro de 2024

Co fin de promover a equidade, diversidade e inclusión social desde a materia "Saúde, dependencia e vulnerabilidade social" da Escola de Enfermería de Pontevedra, propóñense charlas de sensibilización sobre necesidades sociais en distintos colectivos vulnerables co fin de promocionar coidados inclusivos e universais.

Neste contexto, o día 23 de outubro de 2024 dende a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), impartiron unha charla que mostrou a situación das persoas xordas na sociedade e concienciaron ao alumnado dos obstáculos para a garantía dalgúns dereitos, como o de expresarse na súa propia lingua (Lingua de Signos Española) ou o acceso á información a través da mesma. Así mesmo, iniciaron ao alumnado na Lingua de Signos Española relacionada coa saúde.