O Suplemento Europeo ao Título (SET)

O Suplemento Europeo ao Título (SET) O Suplemento Europeo ao Título é un documento que acompaña aos títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, co obxectivo de incrementar a transparencia das diversas titulacións oficiais impartidas no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) e facilitar así o seu recoñecemento académico e profesional

 

O SET ofrece ao alumnado:

Información unificada, personalizada para cada título universitario, sobre os estudos cursados, os resultados obtidos, as capacidades profesionais e persoais adquiridas e o nivel da súa titulación no sistema nacional de educación superior.

 

O SET, segundo o modelo elaborado pola Comisión Europea, o Consello de Europa e UNESCO/CEPES (Centro Europeo para o Ensino Superior) debe conter a seguinte información:

 

  • Datos do estudante
  • Información da titulación
  • Información sobre o nivel da titulación, o contido e resultados obtidos e sobre a función da titulación
  • Información adicional
  • Certificación do suplemento
  • Información sobre o sistema nacional de educación superior

Máis información:

Real decreto 22/2015, do 23 de xaneiro, polo que se establecen os requisitos de expedición do Suplemento Europeo ao Título.

Ministerio de Universidades

Unión europea