A identidade do centro:

A Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra, ante a oportunidade que ofrecen os actuais procesos de acreditación de centros universitarios, inicia a fase de deseño e implementación do seu Proxecto Educativo de Centro (PEC).

Este proxecto, concibido como unha ferramenta estratéxica e transformadora, pretende fortalecer a identidade do centro, guiar a acción educativa e contribuír á mellora continua da calidade docente. O PEC preséntase como un instrumento integrador e dinámico, que recolle os principios do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) e os aliña cos valores e obxectivos estratéxicos da UVigo.

Nun contexto de cambio constante, emerxencia climática, desafíos sanitarios globais e crecente diversidade social, este proxecto educativo aposta por unha formación en enfermaría comprometida co benestar das persoas, a equidade, a inclusión, a perspectiva de xénero, a sostibilidade e os dereitos humanos. Así mesmo, promove unha docencia innovadora, unha aprendizaxe activa e reflexiva, e unha conexión sólida coa contorna comunitaria.

Este documento recolle, polo tanto, os fundamentos, obxectivos, valores e compromisos que orientan a acción formativa da Escola, consolidando o seu papel como referente no ámbito dos coidados de saúde e como axente activo no cumprimento da Axenda 2030 e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.


MISIÓN: A Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra ten como misión formar profesionais da enfermaría cunha sólida base científica, ética e humanista, preparados para dar resposta ás necesidades de saúde da sociedade galega, promovendo a excelencia docente, a innovación pedagóxica, a investigación aplicada e a vinculación co contorno asistencial e comunitario

VISIÓN: Ser un centro universitario de referencia no eido da formación en coidados de saúde, comprometido coa calidade educativa, a igualdade de oportunidades, o desenvolvemento sostible e a transferencia de coñecemento cara á sociedade, en coherencia co Plan Estratéxico da Universidade de Vigo


 

ESTRUTURA ACADÉMICA

 

MODELO EDUCATIVO

 A metodoloxía de ensino responde aos principios do EEES:

  • Formación competencial
  • Aprendizaxe activo e centrado no estudantado
  • Integración entre teoría e práctica clínica
  • Uso de simulación clínica, estudos de caso, metodoloxía ABP e TICs
  • Avaliación continua, formativa e reflexiva

 

ORGANIZACIÓN DA VIDA UNIVERSITARIA

  • Sistema de titoría e orientación académica e persoal
  • Fomento da participación do estudantado nos órganos de goberno
  • Actividades culturais, deportivas e solidarias
  • Coordinación docente e avaliación do proceso formativo
  • Observatorio de prácticas e inserción laboral

 

RELACIÓN CO CONTORNO E RESPONSABILIDADE SOCIAL

  • Colaboración co Sergas a través de convenios de prácticas e docencia
  • Participación en programas de educación para a saúde e voluntariado
  • Promoción da saúde e dos coidados comunitarios
  • Participación activa na comunidade e atención á cidadanía
  • Vínculo activo coas entidades locais e sociais do entorno

 

MELLORA CONTINUA E CALIDADE

  • Participación no sistema interno de garantía da calidade da UVigo
  • Avaliación continua do título (Docentia, AUDIT, estudantes, egresados, empregadores)
  • Axustes curriculares periódicos para adaptar a formación aos retos profesionais
  • Compromiso coa transparencia e rendición de contas

 

COMPROMISO COA INVESTIGACIÓN E A INNOVACIÓN DOCENTE

  • Fomento da iniciación á investigación no grao
  • Participación do profesorado en grupos de investigación
  • Deseño e desenvolvemento de proxectos docentes innovadores
  • Promoción da transferencia do coñecemento.

 

ALIÑAMENTO CO PLAN ESTRATÉXICO DA UNIVERSIDADE DE VIGO (2021-2026)

O PEC da Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra contribúe ao cumprimento dos seguintes obxectivos estratéxicos da UVigo:

  • OE1. Mellorar a calidade da formación
  • OE2. Promover a empregabilidade e a aprendizaxe ao longo da vida
  • OE3. Reforzar a internacionalización e a sustentabilidade
  • OE4. Favorecer a igualdade de xénero e a inclusión
  • OE5. Potenciar a relación coa sociedade e o territorio
  • OE6. Mellorar a gobernanza e a transparencia

 

COMPROMISO COA AXENDA 2030 E OS ODS

A Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra integra os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na súa actividade educativa, investigadora e social. En particular, contribúe aos seguintes ODS:

  • ODS 3: Saúde e benestar
  • ODS 4: Educación de calidade
  • ODS 5: Igualdade de xénero
  • ODS 10: Redución das desigualdades
  • ODS 13: Acción polo clima
  • ODS 16: Institucións sólidas