Escola de Enfermería de Pontevedra, ante a oportunidade que ofrecen os procesos actuais de acreditación de centros universitarios e para a súa incorporación como centro da Universidade de Vigo, proponse iniciar a fase de deseño e posterior implementación dun proxecto educativo de centro universitario (PEC). Este proxecto, actualmente en fase de deseño, exponse como unha ferramenta nova na nosa cultura universitaria e eficaz, que permite avanzar no logro da escola para identificar e conseguir os seus obxectivos educativos e, con iso, a mellora da calidade do ensino universitario no noso contexto.