Ofertas de emprego

A Escola de Enfermería ofrece un servizo de difusión de ofertas de traballo a través do cal se lle fai chegar ao alumnado as ofertas de emprego que se reciben no centro.

Dada a elevada empregabilidade do grao, o programa está dirixido ao estudantado que finaliza os seus estudos e ás persoas egresadas do último curso académico. Desta forma, a través do correo electrónico e da páxina web, fánselle chegar as ofertas de emprego que se reciben no centro.

Máis información: Área de Emprego e Emprendimento da Uvigo

 

Consulta a listaxe de ofertas de emprego e bolsas