8M: Día Internacional da muller na Escola de Enfermería


08 de marzo de 2023

Baixo o lema da Deputación de Pontevedra "A Nosa voz, ou noso espazo, vos nosos dereitos" e o lema da UVigo "Voces, razón e avances feministas" o alumnado da Escola de Enfermería organizou unha actividade na que elaboráronse unhas pancartas para alzar a súa voz reivindicando aspectos como a igualdade real, denunciar situacións de discriminación e violencia machista que aínda viven mulleres polo feito de selo, plasmar o sufrimento que moitas mulleres están a vivir en moitos países do mundo e por último aspectos relacionados coa profesión enfermeira.

Tras a elaboración das súas pancartas, o alumnado reuniuse no salón de actos alzando a súa voz e as súas pancartas coas súas reivindicacións creándose un momento máxico de máxima unión.

Posteriormente ditas pancartas tanto do alumnado como do persoal da escola colgáronse no corredor da escola creando "o corredor 8M"