Xornada sobre a relación entre o sexo, o xénero e as enfermedades no Pazo provincial


14 de decembro de 2022

O Pazo Provincial está a acoller esta mañá a xornada, impulsada pola Deputación de Pontevedra xunto ao Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO), sobre a  "A relación entre o sexo, o xénero e as enfermidades", enmarcada na Escola de Igualdade María Vinyals. O encontro reuniu no salón de plenos a máis dun cento de persoas, entre elas alumnado da Escola de Enfermería.

Trala apertura a cargo da deputada de Igualdade, Victoria Alonso, están a participar na xornada as catedráticas Paloma Morán e Diana Valverde, da Universidade de Vigo; as doutoras Mónica Martínez e Virgina Leiro, do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e o doutor Carlos Spuch Calvar, tamén do Instituto de Investigación Galicia Sur.