Xornada sobre a relación entre o sexo, o xénero e as enfermidades


05 de decembro de 2022
  • Mércores 14 de decembro de 2022
  • Salón de plenos do Pazo provincial de Pontevedra
  • Máis información

Obxectivos

Darlle a coñecer ao alumnado unha visión científica da estreita relación entre o sexo, o xénero e as enfermidades. Para iso, contactamos con diferentes investigadoras e investigadores con ampla experiencia en investigación e tamén en medicina clínica que afrontan estas cuestións no seu día a día.

Programa

  • De 9:00 a 9:15 h. Apertura da xornada e benvida
    Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra
  • De 9:15 a 10:15 h. "A relación entre o sexo, o xénero e as enfermidades"
    Relatoras: Paloma Morán Martínez e Diana Valverde Pérez. Universidade de Vigo
  • De 10:15 a 11:00 h. "Cancro"
    Relatora: Mónica Martínez Fernández. Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur
  • De 11:00 a 11:45 h. "Enfermidades pulmonares"
    Relatora: Virginia Leiro Fernández. Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur
  • De 11:45 a 12:15 h. Descanso
  • De 12:15 a 13:00 h. "Enfermidades neurodexenerativas"
    Relator: Carlos Spuch Calvar. Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur
  • De 13:00 a 14:00 h. Mesa redonda