II Xornada "Enfermería comunitaria, mediación intercultural e ONG"


12 de abril de 2024

O día 8 de abril de 2024 no contexto da asignatura de "Enfermería Comunitaria" tivo lugar a II Xornada "Enfermería comunitaria, mediación intercultural e ONG" da man da enfermeira experta en cooperación ao desenvolvemento e presidenta da asociación Laboratorio de Equidad en Salud, Nieves Marquez Abraldes, que falou de dereitos humanos e das saídas profesionáis da enfermería no campo da cooperación; Cristina Arcas Noguera, enfermeira tropicalista e antropóloga social, responsable da área de saúde na ONG Salud Entre culturas (Hospital Ramón y Cajal, Madrid), quen falou da saúde e a súa relación coa cultura e as migracións, e Mbaye Gil Sánchez, enfermeiro e activista, fundador da ONG Sunu Gaal, que falou da súa experiencia como migrante en primeira persoa e deu ao alumnado nocións de cómo construir unha ONG.

Este ano, como novidade contamos coa colaboración de Marcela González Grilo da Rede de Agentes de Salud de Base comunitaria, rede de apoio colaborativa para texer sinerxias para facer realidade a idea de "saúde entre iguaís".


Mostrando o intervalo 2 - 2 de 1.194 resultados.
Resultados por páxina 1
de 1.194