A Escola de Enfermaría en EDUGAL


18 de novembro de 2022

No XI Salón de Educación e Formación de Galicia, Edugal, celebrado no Pazo de Congresos de Pontevedra os días 26, 27 e 28 de outubro de 2022 a Escola de Enfermaría de Pontevedra contou cun espazo no que as persoas visitantes puideron coñecer a oferta formativa da escola, participar de xeito activo xunto ao estudantado do centro quen lles achegou información sobre programas de saúde e formación teórico práctica sobre os primeiros auxilios nas emerxencias máis comúns, obradoiros de vendaxes, reanimación cardiopulmonar básica, ou en saúde mental, entre outras actividades.