Atención sanitaria as persoas con síndrome de down


23 de novembro de 2024

Co fin de promover a equidade, diversidade e inclusión social e sanitaria, desde a materia "Saúde, dependencia e vulnerabilidade social" da Escola de Enfermería de Pontevedra, propóñense charlas de sensibilización sobre necesidades sociais en distintos colectivos vulnerables ou desatendidos co fin de promocionar coidados inclusivos e universais.

Neste contexto, o día 20 de novembro de 2024 Sandra Peña e Ángeles Sabarís, de Xuntos, Asociación Síndrome de Down, impartiron unha charla que mostrou a situación no ámbito social e da saúde das persoas con Síndrome de Down e concienciaron ao alumnado dos obstáculos para a garantía dalgúns dos seus dereitos, como a autonomía persoal, con especial énfase no envellecemento, desde a Asociación está a traballarse e investigando para promover que sexa activo e participativo.