Xornada de portas abertas


09 de abril de 2024

As aulas e laboratorios de Escola Universitaria de Enfermaría foron o destino dos 75 estudantes que optaron por coñecer a titulación de entre preto de 500 estudantes de bacharelato que onte puideron coñecer de primeira man a oferta educativa da Universidade de Vigo, na xornada de portas abertas que leváronos a percorrer as diferentes facultades e escolas do campus.

Tras a recepción inicial, as e os participantes dividíronse en diferentes grupos para realizar unha serie de visitas segundo os itinerarios de interese que escolleran.