A identidade do centro:
A Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra, ante a oportunidade que ofrecen os actuais procesos de acreditación de centros universitarios, inicia a fase de deseño e implementación do seu Proxecto Educativo de Centro (PEC).
Este proxecto, concibido como unha ferramenta estratéxica e transformadora, pretende fortalecer a identidade do centro, guiar a acción educativa e contribuír á mellora continua da calidade docente. O PEC preséntase como un instrumento integrador e dinámico, que recolle os principios do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) e os aliña cos valores e obxectivos estratéxicos da UVigo.
Nun contexto de cambio constante, emerxencia climática, desafíos sanitarios globais e crecente diversidade social, este proxecto educativo aposta por unha formación en enfermaría comprometida co benestar das persoas, a equidade, a inclusión, a perspectiva de xénero, a sostibilidade e os dereitos humanos. Así mesmo, promove unha docencia innovadora, unha aprendizaxe activa e reflexiva, e unha conexión sólida coa contorna comunitaria.
Este documento recolle, polo tanto, os fundamentos, obxectivos, valores e compromisos que orientan a acción formativa da Escola, consolidando o seu papel como referente no ámbito dos coidados de saúde e como axente activo no cumprimento da Axenda 2030 e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
MISIÓN: A Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra ten como misión formar profesionais da enfermaría cunha sólida base científica, ética e humanista, preparados para dar resposta ás necesidades de saúde da sociedade galega, promovendo a excelencia docente, a innovación pedagóxica, a investigación aplicada e a vinculación co contorno asistencial e comunitario
VISIÓN: Ser un centro universitario de referencia no eido da formación en coidados de saúde, comprometido coa calidade educativa, a igualdade de oportunidades, o desenvolvemento sostible e a transferencia de coñecemento cara á sociedade, en coherencia co Plan Estratéxico da Universidade de Vigo
ESTRUTURA ACADÉMICA
- Título impartido: Graduada o graduado en Enfermaría pola Uvigo (240 ECTS)
- Duración: 4 anos
- Idiomas: lingua galega e castelá como linguas vehiculares; formación complementaria en inglés científico
MODELO EDUCATIVO
A metodoloxía de ensino responde aos principios do EEES:
- Formación competencial
- Aprendizaxe activo e centrado no estudantado
- Integración entre teoría e práctica clínica
- Uso de simulación clínica, estudos de caso, metodoloxía ABP e TICs
- Avaliación continua, formativa e reflexiva
ORGANIZACIÓN DA VIDA UNIVERSITARIA
- Sistema de titoría e orientación académica e persoal
- Fomento da participación do estudantado nos órganos de goberno
- Actividades culturais, deportivas e solidarias
- Coordinación docente e avaliación do proceso formativo
- Observatorio de prácticas e inserción laboral
RELACIÓN CO CONTORNO E RESPONSABILIDADE SOCIAL
- Colaboración co Sergas a través de convenios de prácticas e docencia
- Participación en programas de educación para a saúde e voluntariado
- Promoción da saúde e dos coidados comunitarios
- Participación activa na comunidade e atención á cidadanía
- Vínculo activo coas entidades locais e sociais do entorno
MELLORA CONTINUA E CALIDADE
- Participación no sistema interno de garantía da calidade da UVigo
- Avaliación continua do título (Docentia, AUDIT, estudantes, egresados, empregadores)
- Axustes curriculares periódicos para adaptar a formación aos retos profesionais
- Compromiso coa transparencia e rendición de contas
COMPROMISO COA INVESTIGACIÓN E A INNOVACIÓN DOCENTE
- Fomento da iniciación á investigación no grao
- Participación do profesorado en grupos de investigación
- Deseño e desenvolvemento de proxectos docentes innovadores
- Promoción da transferencia do coñecemento.
ALIÑAMENTO CO PLAN ESTRATÉXICO DA UNIVERSIDADE DE VIGO (2021-2026)
O PEC da Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra contribúe ao cumprimento dos seguintes obxectivos estratéxicos da UVigo:
- OE1. Mellorar a calidade da formación
- OE2. Promover a empregabilidade e a aprendizaxe ao longo da vida
- OE3. Reforzar a internacionalización e a sustentabilidade
- OE4. Favorecer a igualdade de xénero e a inclusión
- OE5. Potenciar a relación coa sociedade e o territorio
- OE6. Mellorar a gobernanza e a transparencia
COMPROMISO COA AXENDA 2030 E OS ODS
A Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra integra os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na súa actividade educativa, investigadora e social. En particular, contribúe aos seguintes ODS:
- ODS 3: Saúde e benestar
- ODS 4: Educación de calidade
- ODS 5: Igualdade de xénero
- ODS 10: Redución das desigualdades
- ODS 13: Acción polo clima
- ODS 16: Institucións sólidas