A Escola Universitaria de Enfermaría, presente en Edugal 2025


13 de outubro de 2025

No XIV Salón de Educación e Formación de Galicia, Edugal 2025, celebrado no Pazo de Congresos de Pontevedra os días 8, 9 e 10 de outubro, a Universidade de Vigo deu a coñecer a súa ampla e diversa oferta académica.

A Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra contou cun espazo propio, no que as persoas visitantes puideron coñecer de primeira man a súa proposta formativa.  

A participación neste evento permitiu dar maior visibilidade á profesión e poñer en valor o papel esencial da enfermaría na sociedade, reforzando a súa importancia tanto no ámbito sanitario como no educativo. O estudantado da Escola foi o encargado de ofrecer información sobre o grao en Enfermaría, as saídas profesionais e académicas, e de amosar procedementos de coidado, para achegar ao público as bases fundamentais dos coidados enfermeiros.