Presentación
Dámosvos a benvida á web da Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra, centro público adscrito á Universidade de Vigo e dependente da Deputación de Pontevedra. A páxina web é, ante todo e grazas ao traballo cotiá do profesorado e do persoal de administración e servizos, o instrumento que pon á disposición de todos os grupos de interese a información máis relevante sobre as actividades do centro e as titulacións que se imparten nel.
A Enfermería como ciencia da saúde ten por obxecto o estudo do coidado integral do ser humano. O título de Grao en Enfermería ten una duración oficial de 4 anos. Está integrado na rama de Ciencias da Saúde e capacita para o exercicio da profesión regulada de enfermería formando profesionais cunha preparación científica e humana necesaria para atender as necesidades de saúde e coidados das persoas sas ou enfermas ao longo da súa vida, das familias e da comunidade nos distintos niveis de atención sanitaria.
Avisos
Durante os días 29 a 31 de marzo, a Secretaría da Escola de Enfermería continuará atendendo a través do teléfono 886211900 e o correo electrónico secenfpo@uvigo.es
Resolución de alumnado seleccionado Erasmus+ para o curso 2021-2022
Listaxe provisional de alumnado seleccionado Erasmus+ para o curso 2021-2022. Corrección de erros.
Listaxe provisional de alumnado seleccionado Erasmus+ para o curso 2021-2022
Desde o día 28 de decembro ao día 7 de xaneiro, ambos inclusive, a Secretaría da Escola de Enfermería continuará atendendo a través do teléfono 886 211 900 e o correo electrónico secenfpo@uvigo.es
Na Escola de Enfermería de Pontevedra, como consecuencia das circunstancias da pandemia de Covid-19 e en cumprimento das disposicións recibidas do Consello de Goberno de Uvigo, o inicio do a docencia no centro para o curso 2020-2021 será semipresencial e de forma alternativa, a metade do alumnado en aulas virtuais e a outra metade presencial seguindo os horarios e cronogramas diarios das materias
PAT 2020-21: Actividades benvida e apoio do estudantado
PAT 2020-21: O acto de benvida para 1º curso será o día 14 de setembro ás 12.30 h. no salón de actos
PAT 2020-21: Benvida e presentación dos cursos: día 16 de setembro: 2º ás 11 h; 3º ás 12 h e 4º ás 13 h
Curso 2020-21: As actividades académicas comezarán o día 21 se setembro nos horarios publicados
Curso 2020-21: As presentacións das materias realizaranse no primeiro día de docencia nos seus respectivos horarios
Curso 2020-21: Actividades voluntarias de refuerzo académico: entre el 7 y el 18 de septiembre
- Resolución da Comisión de Organización Académica, Recoñecementos e Validacións convocando a solicitantes da listaxe de agarda por térense producido vacantes
- Resolución da Comisión de Organización Académica, recoñecementos e validacións
Vídeo da partipación en Edugal