Charla da presidenta electa de NANDA International


08 de abril de 2026
Charla da presidenta electa de NANDA International

No marco da materia Fundamentos de Enfermaría II, a Escola de Enfermaría da Universidade de Vigo acolleu o 25 de febreiro a sesión "Da teoría á acción: a importancia da linguaxe na formación e na práctica da enfermaría", impartida pola presidenta electa de NANDA International e organizada pola profesora Claudia González.

Durante a charla destacouse o papel clave da linguaxe estandarizada no desenvolvemento da disciplina enfermeira, así como na súa aplicación na práctica clínica, na docencia e na investigación. Ademais, presentáronse as novidades máis recentes, entre elas a actualización NANDA 360, así como as liñas estratéxicas e o futuro da asociación.

Subliñouse, tamén, a relevancia de organizacións internacionais como NANDA no avance do coñecemento enfermeiro e na construción de taxonomías que permiten mellorar a calidade dos coidados.