Mecanismos de coordinación Vertical e Horizontal
A coordinación é un elemento necesario para levar a cabo a planificación docente do Grao. Os mecanismos de coordinación están recollidos no Sistema de Garantía de Calidade, na liña exposta polo EEES e no recolleito na Memoria de Verificación do mesmo.
A Comisión de Garantía de calidade, actúa como instrumento de comunicación da política e obxectivos de calidade do centro e do título, dos plans de mellora e, entre outros, de logros dos sistemas de coordinación. É o órgano de avaliación e control da calidade do grao.
A existencia dos mecanismos de coordinación horizontal e vertical teñen como obxectivo principal contribuír a que o Grao en Enfermería reúna os requisitos de calidade esixidos. Así, desde, a implantación do título existe unha preocupación permanente por mellorar os procesos de coordinación e, por iso, o título debe contar con estratexias de coordinación das súas actividades, así como os medios e figuras necesarias para iso.
En resumo, a coordinación docente no título garántese a través das figuras responsables contempladas no noso Centro que son:
Profesorado coordinador de curso:
María Dolores | Rodríguez | García | 1º |
María Paz | Diéguez | Montes | 2º |
Martín | Otero | Agra | 3º |
Felipe | Fernández | Méndez | 4º |
Outros mecanismos de coordinación:
Doutra banda, o título dispón doutros mecanismos de coordinación formais como a coordinación permanente, durante todo o curso, do TFG do centro.
Finalmente, existen mecanismos de coordinación informais entre a coordinadora do título, coordinadores/as dos cursos e profesorado, que se poñen en marcha para adaptar o calendario académico aos períodos de docencia no centro, para revisar e actualizar as guías docentes.
Con relación á coordinación co profesorado colaborador invitado é competencia da coordinación do grao, a cal supervisa as relacións que as persoas coordinadoras de materias teñen cos invitados para convir: datas, contidos, etc.