Presentación

Dámosvos a benvida á web da Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra, centro público adscrito á Universidade de Vigo e dependente da Deputación de Pontevedra. A páxina web é, ante todo e grazas ao traballo cotiá do profesorado e do persoal de administración e servizos, o instrumento que pon á disposición de todos os grupos de interese a información máis relevante sobre as actividades do centro e as titulacións que se imparten nel.

A Enfermería como ciencia da saúde ten por obxecto o estudo do coidado integral do ser humano. O título de Grao en Enfermería ten una duración oficial de 4 anos. Está integrado na rama de Ciencias da Saúde e capacita para o exercicio da profesión regulada de enfermería formando profesionais cunha preparación científica e humana necesaria para atender as necesidades de saúde e coidados das persoas sas ou enfermas ao longo da súa vida, das familias e da comunidade nos distintos niveis de atención sanitaria.

Dirección

Escuela  universitaria de Enfermería de Pontevedra Uvigo

Calle de Joaquín Costa, 41, 3

6002 Pontevedra  

886211900

Administración

Teléfono: 886211900

e-correo: secenfpo@uvigo.es

Horario Atención ó Público: 9.00-14 horas

Conserxería: Teléfono: 886211900

Web: enfermería.depo.es

Dende centros Uvigo:

http://www.uvigo.es/uvigo_gl/Centros/pontevedra/enfermeria.html

Dende Grados Uvigo:

http://webs.uvigo.es/vicprof/index.php?option=com_content&task=view&id=1497&Itemid=572

Comunicación

A cidade de Pontevedra está comunicada cos principais núcleos urbanos galegos, peninsulares e mesmo internacionais.

 

A autopista do Atlántico (AP-9) atravesa  de norte a sur todo o territorio da comunidade autónoma galega desde A Coruña a Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo e Portugal.

 

A autovía do Salnés comunica Pontevedra con Sanxenxo e O Grove.

A autovía das Rías Baixas enlaza O Porriño coa autovía do norte de Portugal.

 

A autovía do noroeste conecta a cidade con Madrid, Barcelona e o resto da meseta.

 

Pontevedra está comunicada coas capitais de Galicia:

• N-550 une A Coruña co Porriño
• N-541 é a principal vía interior, pasando por Ourense
• C-550 percorre a costa, desde Fisterra ata Tui

Transportes

Vialia  Estación  de tren  Pontevedra

Avenida Eduardo Pondal, 36003 Pontevedra. Tel.: 986 851 313 ()

 

Estación de Autobuses de Pontevedra

Rúa da Estación, 36003 Pontevedra. Tel.: 986 852 408 ()

 

Horarios

Estación de Autobuses – CHOP- Montecelo 

De luns a venres,  7:40 – 8:45 – 9:45 (inverno) – 9:50 (verán) – 10:10 – 11:10 – 12:15 – 12:45 – 14:40

 

Por avión
Os aeroportos  de Peinador en Vigo e Lavacolla en Santiago de Compostela atópanse a tan só 30 e 45 minutos de Pontevedra respectivamente pola autopista do Atlántico (AP-90).

Aeroporto de Peinador
Avenida do Aeroporto, s/n, Vigo
986 268 200

Aeroporto de Lavacolla
Estrada Santiago-Lugo km 11
Lavacolla, s/n, Santiago de Compostela
981 547 500

Como chegar á rúa Joaquín Costa, 41, 36001 Pontevedra

1,1 km – aprox. 3 minutos

1. Diríxete cara ó sur, na rúa Calvo Sotelo, cara á rúa do Gorgullón, avanza 240 m.

2. Na rotonda toma a terceira saída en dirección á avda. Eduardo Pondal e avanza 750 m.

3. Na rotonda toma a primeira saída en dirección á rúa Uxío Novoneyra e avanza 130 m.

4. Xira á dereita cara á rúa Joaquín Costa e avanza 9 m.