Calidade

A Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra, centro público adscrito á Universidade de Vigo, asume, coas excepcións das súas propias características, os seus compromisos na xestión da calidade, de acordo ás directrices da Área de Calidade da Universidade de Vigo.

O centro establece e asume unha política e uns obxectivos de calidade que posibiliten a mellora continua como parte indispensable para garantir a satisfacción dos grupos de interese do seu título. O SIGC atópase na etapa do deseño e implantación do sistema de garantía interno da calidade na titulación oficial, sendo a Comisión de Calidade, presidida pola Dirección do centro, o máximo órgano encargado da posta en marcha das accións necesarias para a implantación e seguimento do SIGC.