XII Salón de Educación e Formación de Galicia, Edugal
No XII Salón de Educación e Formación de Galicia, Edugal, celebrado no Pazo de Congresos de Pontevedra os días 9, 10 e 11 de outubro de 2024, a Universidade de Vigo deu a coñecer a ampla oferta académica que ofrece.
A Escola Universitaria de Enfermería contou cun espazo propio onde as persoas visitantes tiveron a oportunidade de coñecer de cerca a súa proposta formativa e participar de forma activa. O estudantado do centro proporcionoulles información detallada sobre os estudos, as saídas profesionais e académicas, os programas de saúde comunitaria, así como sobre formación en primeiros auxilios para emerxencias comúns, reanimación cardiopulmonar básica, vendaxes e diversos obradoiros sobre saúde mental, entre outras actividades.



