O ciclo "Redes de coidado" fortalece a conexión entre a universidade e as entidades sociosanitarias de Pontevedra


24 de febreiro de 2026
ciclo Redes de coidado

Este ano púxose en marcha o ciclo de faladoiros Redes de coidado, unha iniciativa que dá continuidade ás colaboracións que se viñan realizando nos últimos cursos na materia "Saúde, dependencia e vulnerabilidade social", pero que agora se organiza como un programa máis estruturado e aberto a toda a comunidade interesada.

O obxectivo deste ciclo é crear un espazo de diálogo directo entre o alumnado e diversas entidades locais que traballan con persoas en situación de vulnerabilidade. A través destas conversas, o estudantado pode coñecer de primeira man os retos, necesidades e prácticas cotiás de colectivos moi diversos, favorecendo así unha transferencia de coñecemento máis próxima, útil e contextualizada.

A configuración do ciclo en formato aberto permitiu ademais reforzar os lazos entre a universidade e o tecido social de Pontevedra, promovendo un contacto máis fluído coas organizacións do territorio e facilitando novas vías de colaboración no futuro.

Agradecemento ás entidades colaboradoras

Queremos agradecer especialmente a participación das organizacións que compartiron o seu tempo e experiencia, contribuíndo a enriquecer a formación do alumnado e a comprender mellor o traballo que realizan día a día:

  • ONG Sunu Gaal
  • FAXPG – Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia
  • Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur – Proxecto COMTA Salud
  • ONCE
  • ONG Meniños
  • Down Pontevedra Xuntos
  • Cooperacion Galega-Solidariedade Galega