Xornada de sensibilización sobre as necesidades sociais das persoas xordas


10 de novembro de 2022

Co fin de promover a equidade, diversidade e inclusión social na materia Saúde, dependencia e vulnerabilidade social da Escola de Enfermería de Pontevedra, propoñénse charlas de sensibilización sobre necesidades sociais en distintos colectivos vulnerables co fin de promocionar coidados inclusivos e universais.

Neste contexto, o día 10 de novembro de 2022 Ingrid Giráldez e Camilo Gutiérrez, da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), impartiron unha charla que mostrou a situación das persoas xordas na sociedade e concienciaron ao alumnado dos obstáculos para a garantía dalgúns dereitos, como o de expresarse na súa propia lingua (Lingua de Signos Española) ou o acceso á información a través da mesma.

Así mesmo, iniciaron ao alumnado na Lingua de Signos Española relacionada coa saúde.

sensibilizacion persoas xordas sensibilizacion persoas xordas
sensibilizacion persoas xordas Boat on Calm Water
sensibilizacion persoas xordas sensibilizacion persoas xordas