A Escola de Enfermaría en EDUGAL 2023


2 de novembro de 2023
EDUGAL 2023

 

No XII Salón de Educación e Formación de Galicia, Edugal, celebrado no Pazo de Congresos de Pontevedra os días 4, 5 e 6 de outubro de 2023, a Universidade de Vigo dou a coñecer a amplitude da súa oferta académica.

A Escola de Enfermería conta cun espazo no que as persoas visitantes puideron coñecer a súa oferta formativa, participar de maneira activa xunto ao estudantado do centro quen lles prestou información sobre os estudos, saídas profesionais, saídas académicas, programas de saúde comunitaria, formación sobre primeiros auxilios nas emerxencias máis comúns, reanimación cardiopulmonar básica, vendaxes e talleres en saúde mental, entre outras actividades.